Thursday 16 de May de 2024

Comunicado de Alternativa dos Veciños de Bergondo


Juan Fariña anuncia o que fará co teletraballo e coa obriga de cita previa no rexistro do Concello en canto teña ocasión.

O pasado luns 7 Juan Fariña dirixía á alcaldesa de Bergondo, a través dun correo electrónico cuxo contido adxuntamos na súa integridade, petición formal solicitando a supresión total da opción de teletraballo en todos os departamentos e servizos do Concello de Bergondo. A pesar de non ter recibido, aínda a día de hoxe, contestación por escrito a dito emal, a alcaldesa xa lle manifestou verbalmente ao voceiro de A.V en Bergondo e actual concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente, a núa negativa total a aceptar ningunha das dúas peticións. A alcaldesa pon de manifesto as súas razóns para negarse e nós, pola contra, mantemos que o propoñemos é que corresponde co que habería que facer neste momento, algo que, por certo, xa fixeron a meirande parte das administracións locais hai tempo.
En vista do anterior Juan Fariña anuncia o seguinte:
– Acatamos, por lealdade institucional e por ser imperativo dun superior xerárquico, a decisión da nosa socia de goberno, mais, por suposto, non estamos de acordo nin renunciamos en modo algún á nosa demanda.
– Tanto o teletraballo como a obriga de cita previa no rexistro consitúen unha aberración e unha falta de respecto á cidadanía nunha administración local pequena como é a nosa.
– Se no futuro máis ou menos próximo temos posibilidade ou facultade que nolo permita comprometémonos coa veciñanza de Bergondo a:

a) Aboliremos e suprimiremos a opción do teletraballo do persoal en todos e cada un dos departamentos e servizos da administración do Concello de Bergondo.
b) Eliminaremos a obriga de cita previa no rexistro xeral do Concello de Bergondo.